31 mar 2013

04. Qué plantas temos na veiga?


Ésta e, cómo non, unha sucesión de fotografías coas que espero que me axudedes a identificar a especies que poboan a nosa querida leira. 

Todas estas "herbas" están na veiga-prado, de xeito que case todas serven de alimento ás 10 ovellas do veciño que pastan alí.  Supoño que son todas silvestres.

Están numeradas para facilitar as referencias a elas.

01

02

03

04

05

06

07

08

09

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19
Aperta.

03. Cos pés mollados na silveira.


Aquí tedes unha sucesión de varias fotografías nas que se ve o "interior" do que nós chamamos "a silveira". 

Por suposto, hai silvas para dar e tomar, pero tamén xuncos, menta, trevo branco, e unha gran variedade de herbas. 

Aparecen bastantes plantas aplastadas porque o ano pasado transitou por aquí un tractor pequeno para acceder a un pozo de varas que está no medio das silvas.

Agora estamos na linde norte e a sucesión de fotografías vai de esquerda a dereita (de oeste a este), por iso na primeira fotografía aparece o galpón gris á dereita.

Desde o extremo superior da leira.


Se vos fixades no solo, poderedes ver a auga entre as herbas (o machiño que entra sen katiuskas, sae pingando).





Abundan esas plantas secas e amarelas que aparecen deitadas no chan porque alguén lles pasou por riba.  Alguén sabe de qué planta se trata?




Ata aquí as fotografías da silveira: xa sei que non son "preciosas" precisamente, pero esta zona está chea de vida, con toupas, lesmas, caracois, mosquitos, rás, arañas e todo tipo de insectos.

Aperta.

02. "Dentro" dos salgueiros.


Na parte norte da nosa leira hai un salgueiral.  É por alí por onde ven a maior parte da auga, e creo que entra en forma de augas freáticas superiores.

Aí nace a auga: mana de debaixo da terra formando o nacemento dun pequeno arroio.


O manancial convértese en dous pequenos rielos que baixan pola linde oeste da leira, inda que gran parte das augas acaban formando a xunqueira e a silveira que ocupan a metade norte da leira, é dicir, terei que conducir as augas dalgunha maneira se non quero ter media leira asulagada e convertida nunha lameira.



Sobre unha alfombra de fentos e de enredadeiras sobre as que vos preguntarei o nome máis adiante, medraron 10 ou 15 árbores pequenas.  Son éstas que aparecen en primeiro plano; son de folla grande e deben de ter un par de anos de idade.  Qué son?

E ésta é a alfombra de enredadeiras, se é que se poden chamar así. Outra vez... cómo se chama esa planta?


Bueno, xa vedes, no cumio da leira hai un salgueiral no que nace un manancial; as augas deste manancial infíltranse na terra e forman unha xunqueira e unha silveira na metade norte da leira (a metade sur é veiga-prado).  Na seguinte entrada, na 03, amosareivos a silveira.



Aperta.

20 feb 2013

01. Primeiras fotografías.


Son 9 fotografías sacadas facendo un arco que percorre a leira de norte a sur pasando polo este.

A zona Norte-01 (detrás do fotógrafo queda a linde oeste).





A zona Norte-02.




A zona Norte-03 (vese o frontal de silvas que chegan ata os salgueiros do fondo).




A zona Este-01.




A zona Este-02.




A zona Este-03.




A zona Sur-01 (a leira remata antes do salgueiro grande que se ve á dereita).




A zona Sur-02.




A zona Sur-03.


E, por último, 3 fotos máis para que vos ubiquedes.

A metade norte da finca é unha silveira, e no cumio norte hai salgueiros. 





Unha imaxe das leiras que a arrodean.





 E unha vista desde o StreetView.



Aperta.